lunes, 14 de octubre de 2019

CAMPAÑA MOBILÍZATE POLA SELVA


No curso 2015-2016 a profe Bárbara, cos nenos e nenas da clase de valores que actualmente están no grupo de 6º A, iniciaron unha campaña de recollida de móbiles vellos para envialos a unha empresa que os recicla e envía parte dos beneficios obtidos ao Instituto Jane Goodall (IJG). Este instituto realiza unha importante labor social e medioambiental en todo o mundo e, concretamente, no Congo, onde existen graves conflitos derivados en gran medida do enorme consumismo da nosa sociedade: guerras polo coltán, a casiderita e outros minerais empregados na fabricación de aparatos electrónicos, a explotación infantil nas minas, os monocultivos de palma que acaban coa selva e que, xunto coa actividade dos furtivos, ameazan a supervivencia de moitas especies, etc.

Reuníronse 84 móbiles e, gracias a iso, como agradecemento, conseguimos unha subscrición anual ao Instituto Jane Goodall e o APRADIÑAMENTO DE 3 CHIMPANCÉS: ANZAC, LEMBA E KAUKA.
Este curso 2019-2020 retomamos esta estupenda iniciativa e, o alumnado de primaria xunto co da ESO, volveremos a recoller móviles usados para a campaña Mobilízate pola selva.
Esperamos a vosa colaboración e que fagades campaña de sensibilización entre os vosos familiares e amigos para que os móbiles non acaben no lixo.
    Así que só tedes que traer móbiles vellos ou estragados, sen cargador e sen tarxeta, pero con batería. Deixaranse na biblioteca ou na entrada de secundaria nunha caixa onde tamén atoparemos un folleto con información e fotos dos chimpancés e do Centro de Recuperación de Tchimpounga.

                    XA SABEDES, FACEDE CAMPAÑA E ANIMÁDEVOS A COLABORAR!!!!


Aquí vos deixamos varios vídeos informativos sobre o proxecto e de como chegaron ao Centro de Recuperación de chimpancés de TCHIMPOUNGA, no Congo.



MENSAXE DE JANE GOODALL.



Vídeo Campaña de sensibilización dos nen@s




No hay comentarios:

Publicar un comentario