A verdade é que o vídeo que tes máis abaixo non deixa a ninguén indiferente, verdade?. Como cambian as respostas segundo sexan as circunstancias da vida que vives. E que difícil é non se emocionar cando te metes na pel dos demais e sentir alegría, cando lles vai ben ou tristura cando os ves sufrir. É o que lles sucede aos entrevistados "non enfermos".
Pois eu che fago estas preguntas que lles fixeron a eles:
• Cal é o teu maior desexo neste momento da vida?, e...• Que é o que te fai máis feliz na vida?
Fai tamén unha pequena reflexión sobre o que che pareceu o vídeo.
As respostas escribeas nunha entrada do blog a través dun comentario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario