En pleno século XXI, en zonas coma Siria, estanse a vivir verdadeiras barbaridades. Como non, un dos colectivos máis afectados son os nenos.
Estes nenos están traumatizados; xa acostumados a ver bombardeos, ataques... En resumo, acostumados a ver como xente perde a vida. Tamén están obrigados a deixar o seu fogar, ir a outro país no que serán tratados como un número, coma un dato estatístico. Nenos, que ven normal perder aos seus pais e andar sós polo mundo con moi pouca idade.
Estes actos hai que paralos, concienciarse e poñerse no seu lugar.
Aquí un vídeo con testimonios de nenos que fuxiron de Siria e refuxiáronse no Líbano:
No hay comentarios:
Publicar un comentario