lunes, 23 de noviembre de 2015

O CUARTO MUNDO

O cuarto mundo é un movemento de persoas de diferentes medios sociais comprometidas na loita pola dignidade, a participación e o recoñecemento efectivo dos dereitos de todos e todas, tendo como horizonte a erradicación da extrema pobreza. Este movemento foi fundado en 1957 por Joseph Wresinski, e que actualmente traballa nunha treintena de países en África, Asia, América y Europa. Un dos principais obxectivos é axudar a persoas coma anciás desamparados,viúvas e nais sen medios económicos,nenos abandonados, explotados ou prostituídos e tamén marxinados sociais. 
O principal problema que atopan diferentes organizacións asociadas con este movemento é que a pobreza cada vez vai aumentando,sobre todo en países cunha boa situación económica, que o que fan é repartir esa riqueza en dous bandos,completamente desiguais socialmente e,pouco a pouco,dando lugar aos 40 millóns de persoas que a día de hoxe atópanse nesta lamentable situación en Europa.
A causa disto,e coa intención de erradicar a pobreza,creáronse unha serie de prioridades previstas para cumprirse entre 2013 e 2017,que son: 
-Promover o acceso á educación e a construcción do saber coa intelixencia de todos,xa que,a día de hoxe, hai millóns de persoas que non poden ir a escola e non poden acceder aos coñecementos básicos. Trátase dunha gran discriminación,xa que moitas desas persoas poderían contribuír a unha mellor educación e tamén lograr combatir a pobreza e facer un mundo máis xusto.
-Promover unha economía respetuosa coas persoas e co Planeta Terra.Queremos conseguir que as persoas que sofren a pobreza poidan ser reinsertadas na sociedade e que poidan gozar dunha situación económica favorable,para iso estase traballando na creación da Asemblea do Traballo e da Aprendizaxe.
-Movilizar pola Paz e os dereitos humanos.Buscamos movilizar á cidadanía e conseguir que deixen atrás os seus prexuízos,logrando un respecto para todos a través das nosas campañas e accións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario