lunes, 28 de septiembre de 2015

A PAZ

A paz é moi importante xa que sen ela non poderiamos vivir. En moitos sitios do mundo non hai paz xa que maltratan a xente, a matan sen razón en guerras sen sentido...

Todos deberiamos loitar por ela poñendo un gran de area dende a nosa contorna.                                                                                                                                                                                                                                                                            


domingo, 20 de septiembre de 2015

UN MUNDO MELLOR É POSIBLE

Ao mirar ao noso redor e contemplar o estado actual do mundo, podemos preguntarnos: gústanos como se atopa?. No caso de responder negativamente, que estamos facendo para cambialo?. Que estamos facendo cada un de nós para modificar esa realidade que non nos satisface? Tal vez non resulte obvio, pero é o que esteamos dispostos a facer cada un de nós como individuos conscientes, actuando responsablemente, o que pode facer a diferenza en canto á nosa calidade de vida e a do noso planeta.
Trátase de asumir responsabilidade persoal pola realidade que creamos, e recoñecer que así como creamos esta realidade tamén podemos modificala. Tal vez a pregúnta clave sexa: Como logralo?.
Trátase de decidir que é o que realmente ten sentido nas nosas vidas, e atopar o xeito de empregalo para contribuír a crear un mundo mellor. Polo xeral o que realmente ten sentido atópase arraigado moi profundamente nos nosos principios e valores, e desde alí pódense sentar bases sólidas para calquera proxecto.
Valores como a Compaixón, Liberdade, Equidade, Xustiza, Sustentabilidade, Orde, Comunidade e Tolerancia son o compás moral que permite ás sociedades evolucionar e progresar.
Si queremos lograr un cambio sustentable, necesariamente temos que cultivar estes, e outros, valores nas nosas vidas e a nosa comunidade.
Un mundo mellor é posible, sempre e cando esa posibilidade exista nas vosas mentes.


ATREVÉDEVOS A INTENTALO!!!