Nunca o entenderei. Nunca comprenderei como unha persoa pode discriminar a outra por algo tan absurdo coma a cor da pel, algo que, se se pensa friamente é algo insignificante. Pero esta é a realidade do mundo, hai persoas situadas nun "nivel" superior por ser máis pálidas e outras nun inferior por ser máis morenas. Por moito que se diga que no mundo xa non hai racismo, é mentira. Sempre hai preferencias e rechazo cara a unha persoa que vive nun país que, como diría moita xente "non lle corresponde". Por que non lle corresponde? Acaso é menos persoa un home negro cós ollos marróns que una branco cós ollos azuis? Está ben que as persoas de pel clara viaxemos e vivamos noutro países, pero, se unha persoa de pel máis escura o intenta, é discriminado da forma máis cruel.
Nunca entederei o racismo.
Aquí un vídeo no que se pode ver como o racismo non está erradicado, senón que está inculcado nos nenos máis pequenos.
Dende o mundo do fútbol, tamén se unen á loita contra o racismo. A competición máis prestixiosa de europa a nivel de clubes, a UEFA Champions League (UCL), emprendeu hai xa unhas tempadas a campaña Say no to racism, o que en galego ven sendo Di non ao racismo. Esta campaña conta con videos, imaxes, mensaxes nos campos de fútbol, etc. En todos estes se manifesta a intención de rematar dunha vez por todas con este intolerable problema que afecta a moitas persoas, non só relacionadas co mundo do deporte, senón tamén no día a día. É por isto que debemos colaborar para erradicar dunha vez por todas o racismo e poder vivir no mundo que queremos.