miércoles, 7 de octubre de 2015

OS REFUXIADOS

  Siria sempre se veu envolta en conflitos por problemas maioritariamente relixiosos. Os grupos terroristas sempre puxeron a Siria como un blanco de atentados. Por esa causa, parte da súa poboación escapou do seu país buscando refuxio noutros países máis seguros e libres.











 
 Moitos refuxiados sirios teñen problemas para cruzar a fronteira dos países, debido á prohibición dos países europeos de que se entre no país dunha forma ilegal.
  Esta situación é moi vergoñenta porque os países que se consideran avanzados non poden matar aos refuxiados que intentan entrar nese país, aínda que sexa de fame.

Jaime y Fran

viernes, 2 de octubre de 2015

POLA LA PAZ MUNDIAL.



Este vídeo mostra os acontecementos impresionantes que se viven en algunhas partes do mundo.
Persoalmente paréceme moi forte o que pasa neste mundo. Estes problemas ocurren ou pola guerra, pola fame pola falta de recursos.... Tamén mostra que os nenos pequenos na súa corta vida non van poder disfrutar do que sería vivir nun mundo en paz. Cando acabei de ver o vídeo púxeronseme os pelos de punta.
Como propostas miñas para cambiar o mundo:
- Que os países máis poderosos axuden aos que menos teñen
-Respecto aos nenos.
- Respecto ao medioambiente.
-Educación universal para todos.
-Non ao peche de fronteiras ás familias que escapan da guerra.
  Todos debemos loitar por un mundo máis xusto e en paz.

CONFLICTO ARMADO SIRIO

En pleno século XXI, en zonas coma Siria, estanse a vivir verdadeiras barbaridades. Como non, un dos colectivos máis afectados son os nenos.
Estes nenos están traumatizados; xa acostumados a ver bombardeos, ataques... En resumo, acostumados a ver como xente perde a vida. Tamén están obrigados a deixar o seu fogar, ir a outro país no que serán tratados como un número, coma un dato estatístico. Nenos, que ven normal perder aos seus pais e andar sós polo mundo con moi pouca idade.
Estes actos hai que paralos, concienciarse e poñerse no seu lugar.

Aquí un vídeo con testimonios de nenos que fuxiron de Siria e refuxiáronse no Líbano:




jueves, 1 de octubre de 2015

DERRIBEMOS OS PREXUIZOS

Somos moitos os que a día de hoxe xulgamos á xente sen coñecela.Tardamos poucos segundos en construír un prexuízo.Velaquí está un dos exemplos cos que máis dun sentiríase identificado. Quen non opinaría o mesmo sobre Santi, Antonio ou Teresa? 
O físico de alguén non debe influír á hora de xulgar aos demais.Sen prexuízos facemos un mundo máis feliz.

lunes, 28 de septiembre de 2015

A PAZ

A paz é moi importante xa que sen ela non poderiamos vivir. En moitos sitios do mundo non hai paz xa que maltratan a xente, a matan sen razón en guerras sen sentido...

Todos deberiamos loitar por ela poñendo un gran de area dende a nosa contorna.                                                                                                                                                                                                                                                                            


domingo, 20 de septiembre de 2015

UN MUNDO MELLOR É POSIBLE

Ao mirar ao noso redor e contemplar o estado actual do mundo, podemos preguntarnos: gústanos como se atopa?. No caso de responder negativamente, que estamos facendo para cambialo?. Que estamos facendo cada un de nós para modificar esa realidade que non nos satisface? Tal vez non resulte obvio, pero é o que esteamos dispostos a facer cada un de nós como individuos conscientes, actuando responsablemente, o que pode facer a diferenza en canto á nosa calidade de vida e a do noso planeta.
Trátase de asumir responsabilidade persoal pola realidade que creamos, e recoñecer que así como creamos esta realidade tamén podemos modificala. Tal vez a pregúnta clave sexa: Como logralo?.
Trátase de decidir que é o que realmente ten sentido nas nosas vidas, e atopar o xeito de empregalo para contribuír a crear un mundo mellor. Polo xeral o que realmente ten sentido atópase arraigado moi profundamente nos nosos principios e valores, e desde alí pódense sentar bases sólidas para calquera proxecto.
Valores como a Compaixón, Liberdade, Equidade, Xustiza, Sustentabilidade, Orde, Comunidade e Tolerancia son o compás moral que permite ás sociedades evolucionar e progresar.
Si queremos lograr un cambio sustentable, necesariamente temos que cultivar estes, e outros, valores nas nosas vidas e a nosa comunidade.
Un mundo mellor é posible, sempre e cando esa posibilidade exista nas vosas mentes.


ATREVÉDEVOS A INTENTALO!!!