jueves, 10 de marzo de 2016

NON NOS FELICITEDES POR SER MULLER



Non, non nos felicitedes por ser Muller. 
Igualanos o salario. 
Non nos despidas estando embarazadas ou cando vos pidamos a redución de xornada, respecta as nosas situacións.
Non queremos volver a casa de noite co móvil na man “por si acaso “.
Deixade de facer bromas machistas ca panda de amigos ou sós, non son graciosas, solo levan nos traen problemas.
Non nos codifiquedes. O menos importante é o físico.
A cantidade de roupa que levamos encima non vos da dereito a dicirnos nin a facernos nada.
Non queremos acabar coma vos.
Non será mellor que te responsabilices da crianza, da educación, e de moitas mais cousas.
Loita polo dia da muller.
Todos xuntos podemos conseguilo.

SARA GOLPE

Historia do Día da Muller


  O pasado día 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller Traballadora o, simplemente, Día Internacional da Muller. O primeiro día nacional da muller foi celebrado en Nova York en 1909 polas Mulleres Socialistas para conmemorar a manifestación de 1908 na que 15000 mulleres esixiron a redución da xornada laboral, o aumento dos salarios e o dereito a voto. En 1910, na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas en Copenhague, proclamouse o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora e ao ano seguinte celebrouse por primeira vez en Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza. Co paso do tempo, foise proclamando oficial noutros países: en Rusia no ano 1917, en China en 1922, en España en 1936. No ano 1975 a ONU proclamou ese mesmo ano como Ano Internacional da Muller e ademais instouse aos demais países a que un día ao ano sexa o Día Internacional da Muller. No ano 1994 Estados Unidos engadiu este día nos seus calendarios. No ano 2011 celebrouse o Centenario deste día tan importante e comezou a funcionar  a Entidade da ONU para a Igualdade de Xénero e o Empoderamiento da Muller tamén coñecido como ONU Mulleres.

Semana da prensa na escola:a prensa como medio de denuncia social

Esta semana en todos os centros de Galicia,conmemorase a semana da prensa na escola.Por iso vou falar do papel que ten a prensa como medio de denuncia social. Hoxe en día vemos como en todo o mundo hai guerras,vulneranse os dereitos das persoas, construense muros para que a xente que fuxe das guerras buscando unha vida mellor non poidan alcanzar o seu soño... Pero como nos enteramos disto?.Pois aquí entra a prensa como medio de denuncia para que todo o mundo saiba cal é a realidade. Grazas a prensa, que moitas veces é a que investiga e denuncia moitos casos de corrupción,agresións as mulleres,etc, estamos todos informados e podemos ser críticos,actuar.Os países democráticos respetan a liberdade de expresión;polo tanto, os seus ciudadanos e os medios de comunicación non teñen que ser restrinxidos por lo que piensan. Si investigamos algo e publícase, servirá para que todos sexamos libres de publicar e dicir o que nos gusta e non nos gusta.

PALABRAS QUE NOS FAN PENSAR

Palabra clave: Batalla
Palabras para a reflexión: Aventura, Loitar, Imposible, Loucura, Adolescentes


Adóitase dicir que as persoas dentro de nós estamos cheas de loucura, nesta vida hai de todo un pouco pero nada é imposible. Vou poñer un exemplo que é moi común nos colexios. 
Toca empezar as clases de novo, todos volvemos a vernos e a estar xuntos para poder contarnos as nosas aventuras do verán. Un día calquera chega o noso profesor de calquera materia e dinos que vai vir un novo alumno, todos pensamos si será: alto ou baixo, doutra cor, con diferente idioma, louro ou moreno, etc.
Cando finalmente o coñecemos, vemos que no recreo esta só merendando e que algúns rapaces se rin del. ¿Por que a día de hoxe, aínda existe xente así? Os adolescentes, ás veces, non somos conscientes do que facemos ou dicimos, cando nos paramos a reflexionar, decatámonos de que igual ese rapaz tivo que loitar moito para chegar ao noso país ou para poder ter algo que levar á boca, en cambio nós vivimos como reis moitas veces; por outra banda, moitas outras veces, acabamos sendo mellores amigos desa persoa.

Por iso escollo como palabra clave BATALLA, porque podemos dicir que a vida é un BATALLA.



miércoles, 9 de marzo de 2016

AMOR DE MADRE

 
Este vídeo trata mui bien de lo que creo que una madre puede llegar a hacer por su hijo, y de callar por amor, yo dejo este vídeo para que valoremos lo que es una madre mientras la tenemos, no solo cuando ya no está.

As redes sociais

                                                      AS REDES SOCIAIS
É unha estructura social composta por un conxunto de actores que están relacionados de acordo a algún criterio(profesional,amistad o parentesco).Normalmente presentase simbolizando os actores como nodos e as relacións como liñas que os unen.
Como todo as redes sociais teñen cousas negativas e cousas positivas unha cousa negativa e que aceptamos solicitudes de  persoas descoñecidas, que poden facerse perfís falsos e poden facernos bulling acosarnos e ameazando...E por otra banda están as cousas boas, como falar coa tua familia que vive fora ou coñecer a xente...  Paula Mesías

martes, 8 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA



O “día internacional da muller traballadora” ou tamén chamado “día internacional da muller”, conmemora a loita da muller pola participación, en pé á igualdade co home na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
A orixe deste día foi polos feitos que ocorreron no día 8 de marzo no ano 1908, onde morreron 146 mulleres calcinadas cando traballaban nunha fábrica téxtil de Nova York, nun incendio provocado polas bombas incendiarias; Celébrase o día 8 de marzo conmemorando o ocorrido nese día, nalgúns países é festivo.
Hoxe en día as mulleres, en pleno século XXI, sendo máis do 50% da poboación a nivel mundial, continuamos sendo cidadás de segunda. Continuamos sen ter acceso aos espazos de poder e  aos espazos de toma de decisións. 

                                                                                                                             Por Mirian e Fátima

A FAME NO MUNDO



No mundo hai 805 millóns de persoas que pasan fame. Son 37 millóns menos que o ano pasado pero moi afastada da meta da fame cero que se marcou nos obxectivos de desarrollo do milenio. O índice global da fame puxo en manifesto que, aínda que dende 1990 o número de persoas famentas reduciuse nun 39%, o nivel continúa sendo serio.  Os niveis máis altos da fame dánse no continente Africano e no sur de Asia, que tamén rexistráronse as melloras absolutas máis fortes dende 2005. Pola contra, os niveles de fame son extremadamente alarmantes ou fortes en 16 países, a maioría deles subsaharianos, Burundi e Eritrea son os primeiros.  Polos datos da ONU, 63 países en todo o mundo lograron a meta da fame cero nos seus territorios respectivos. O 16 de outubro celébrase o “Día Mundial da Alimentación” e o Programa Mundial de Alimentos da ONU resaltou os beneficios que convalecería acabar coa fame en todo o mundo.
                                                                             Por Mirian Cartelle

8 DE MARZO : DÍA INTERNACINAL DA MULLER

O 8 de marzo celebra se en todo o mundo o Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, unha fecha que conmemora a lucha da muller pola igualdade co home e pola súa participación e desenvolvemento como persoa na sociedade. O Día Internacional da Muller surxiu a finais do século XX a raíz dos movementos obreiros acontecidos en América do Norte e Europa. Dende entón, este día adquiriu unha importancia global para todos los países.

No ano 1975 a ONU decidiu que o 8 de marzo fora recoñecido como o Día Internacional da Muller e se instauroi para poner e dar visibilidade a una reivindicación pola igualdade entre homes e mulleres e polo papel que estas desenvolven na sociedade a día de hoxe.
Dende o ano 2011, a ONU comenzou a lanzar consignas dedicatorias a este día, este ano o tema elixido foi : " Por un planeta 50 - 50 en 2030 : Demos o paso para a igualdade de xénero "  

sábado, 5 de marzo de 2016

NON AO BULLYING








O bullying é acoso físico ou psicolóxico ao que someten,de forma continuada, aun alumno seus compañeiros.
      Os nenos que están sometidos a este acoso diario, pásano moi mal e en moitos casos non son capaces de contarlle o que lles sucede aos seus pais ou profesores. Outras veces quitánse a vida xa que viven baixo unha ameaza continua, a base de medo.
        Para intentar paralo, é necesario actuar de inmediato pero con calma e precisión. Débese avisar aos pais ou profesores do neno para que eles resolvan a situación cos menores problemas posibles



                                               SARA BARDANCA