sábado, 8 de noviembre de 2014

SE QUEREMOS QUE PASE ALGO, TEMOS QUE SOÑALO.

Se ben é certo que encontrarse con publicidade que che atrape de principio a fin é todo un reto nestes días, debemos recoñecer que os publicistas de Gadisa o lograron. Non só atrapando a nosa atención; senón tamén realizando unha chamada á reflexión, apelando a que a percepción do mundo depende dos ollos cos que se mire, e transmitindo unha mensaxe de optimismo, facendo un chamamento aos soños como ese motor de facer que as cousas sucedan: "se queremos que pase algo, temos que soñalo! ". Introducindo ademais o concepto de que hai que volver a nacer (como metáfora de reinventarse para saír desta nova situación que vivimos, á que seguimos chamando crise).
No spot que vos deixamos a continuación, os protagonistas son os avós. Eles son os que transmiten a sabedoría aos máis novos a través da experiencia, narrando diferentes situacións e reflectindo a forma “en que as afrontamos os galegos”; todo contado con ese ton nostálxico e tenro con que os maiores contan aos máis novos a súa visión das cousas.

               

domingo, 26 de octubre de 2014

ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DE XOVENES DE ENTRECULTURAS

O pasado día 25 de outubro, un grupo de 22 alumnas e alumnos do CPI Virxe da Cela, fumos participes do primeiro encontro do curso da rede solidaria de xovenes de Entreculturas, no que tivemos a oportunidade de celebrar o seu 10° aniversario.
Como de costume neste encontro tivemos a oportunidade de participar en talleres con nenos e nenas doutros colexios, nos que este ano aprendimos algo máis sobre os dereitos humanos. Despois destes talleres puidemos seguir aprendendo algo máis sobre os dereitos, pero doutra forma distinta, facendo diversos xogos, nos que o pasamos moi ben. Este ano como novidade tivemos tamén un pequeno taller para aprender algo sobre a capoeira, o baile tradicional de Brasil, do cal tivemos unha pequena exhibición.
Eu querovos animar a todos aqueles que non estivestedes presentes, que si vos aparece a oportunidade non a despreciedes, por que se pasa un bo día cos compañeiros, coñecese xente e é un día diferente.
EREA FERNÁNDEZ LENCE   4° ESO

jueves, 23 de octubre de 2014

A FAME MATA MAIS XENTE QUE O ÉBOLA

O 17 de outubro celebrouse o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza co obxectivo de seguir concienciando ao mundo da grave crise humanitaria que suscita a desnutrición. No mundo hai actualmente 805 millóns de persoas que pasan fame. De todas elas cada día morren ao redor de 10.000 persoas por desnutrición no mundo. Durante o mesmo periodo no que o ébola matou a 4.000 persoas, a fame e a falta de recursos matou a preto de tres millóns de persoas. Un dos problemas co que se están atopando a xente que loita contra as desigualdades en África é que o ébola copa actualmente todo o foco de atención desviándoo da fame.

Pero o maior problema é que a psicosis que se vive en África co ébola está provocando que morra máis xente de fame. As fronteiras pechadas fixeron que non haxa comercio, miles de persoas perderon os seus postos de traballo, os prezos dos alimentos son cada vez máis altos, colexios pechados, falta de médicos e persoal sanitario. Esta é a realidade que viven cada día millóns de persoas. 

viernes, 17 de octubre de 2014

EN BUSCA DUN MUNDO MELLOR



                                   EN BUSCA DUN MUNDO MELLOR

                                     
                                           POR SER DOUTRA RAZA MERECEMOS ISTO ?

A POBREZA EN ESPAÑA

A pobreza en España vai cada vez a máis. Hai que intentar disminuíla porque se nós estiveramos no lugar dos máis necesitados gustaríanos que nos axudaran. Hai moita xente que non ten traballo e daquela non ten cartos para mercar os libros da escola aos nenos e así non se poden formar para o futuro e eles si ter un traballo. A xente que máis cartos ten debería axudar un pouco aos mais necesitados porque non existen razóns para ter tanto diñeiro que nunca vas acabar. E ademais hai xente que rouba millóns sen necesitalos e non van ao cárcere, mentres os que o necesitan de verdade por coller un cacho de pan xa quedan arrestados e iso non é xusto.
IRIA Y DIANA.

SEMPRE HAI UNHA OPORTUNIDADE

Nunca te canses de esperar, porque lo que para ti llega tarde, para Dios llega en el momento exacto.


A veces cuando creemos que estamos perdidos, que ya nada es posible, que no tenemos nada que hacer, llega algo que te hace cambiar de opinión, una oportunidad en la vida.
También muchas veces queremos hacer algo pero, hay otro algo que nos lo impide, ya sean motivos personales o económicos, pero si cuando tú lo quisiste, no fue,  es porque ese no era el momento. Cuando la vida te dé una nueva oportunidad de poder hacerlo, aprovéchala porque ese es el momento indicado.   

viernes, 10 de octubre de 2014

QUE BOA NOVA!!!, MALALA E SATYARTHI, PREMIO NOBEL DA PAZ 2014

A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns dispararon á cabeza en 2012 por defender a escolarización das mulleres, e o activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados este venres co Nobel da Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nen@s e os moz@s e polo dereito de todos os nen@s á educación".
 "Os nenos deben ir á escola e non ser explotado financeiramente", defendeu o Comité Nobel, subliñando que "nos países pobres, o 60% da poboación actual ten menos de 25 anos". Segundo explicou ao realizar o anuncio o presidente do Comité Nobel Noruego, Thorbjon Jagland, considerouse "un punto importante que un hindú e unha musulmá, un indio e unha paquistaní, se unan na loita común pola educación e contra o extremismo.

No caso de Satyarthi, resaltou que "mostrando gran valor persoal" e seguindo a tradición de Gandhi, "liderou varias formas de protesta e manifestación, todas pacíficas, centrándose na grave explotación dos nenos para obter beneficios financeiros". Así mesmo, "contribuíu" ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais" "sobre os dereitos dos nenos". Kailash Satyarthi, enxeñeiro informático indio que hai 28 anos abandonou o ordenador para denunciar ás multinacionais que no seu país explotan nenos de entre 5 e 12 anos de idade, encabeza a organización Global March, que liberou da escravitude empresarial a uns 80.000 nenos en máis de 160 países.

En canto a Malala, "malia a súa xuventude", leva anos loitando polo dereito das nenas á educación e mostrou co seu exemplo que os nen@s e os moz@s tamén poden contribuír a mellorar as súas propias situacións. Ademais, fíxoo baixo as mais perigosas circunstancias. Mediante a súa loita heroica converteuse nunha destacada voceira dos dereitos das nenas á educación.

NORABOA A ÁMBOLOS DOUS!!!

11 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS NENAS

Este sábado 11 de outubro, é o Día Internacional das Nenas e desde Monferosolidario queremos ter presentes especialmente aos case 25 millóns de nenas en todo o mundo que non teñen garantizado o dereito á educación. Sumámosnos á nova Premio Nobel da Paz, ‪MalalaYousarfzai na súa loita por defender o dereito á educación das nenas no mundo.



VIVE LA VIDA





La palabra vida es una de las palabras más bonitas,porque hace ver los buenos y malos momentos que pasas,también puedes llegar a acordarte de que hay personas con la vida muy corta,por eso tenemos que vivirla y disfrutarla día a día,segundo a segundo y minuto a minuto, no perdernos nada que queramos hacer porque podemos conseguir todo ya que es nuestra vida y la podemos vivir como queramos.

LIVE THE LIFE...
 María Vázquez


VIDA: tiempo que va del nacimiento a la muerte. Existencia, duración. Energía, dinamismo.

Esa es la definición que nos aparece en el diccionario,un poco sosa,¿no crees?
Pero estoy segura de que si preguntamos de repente a una persona  el significado de esta palabra, no sabría que decir, se quedaría con la boca abierta,sin palabras.
Eso se debe a que la vida es increíble,maravillosa.
Todos tenemos una vida y ya que podemos, tenemos que vivirla y ayudar a los demás a que puedan vivirla dignamente.Y... mejor manera de vivirla si no es disfrutándola...
Esta canción de Ricky Martín nos demuestra que la vida, es buena si se sabe VIVIR.
Y ya sabéis... !sonreír y disfrutar¡

Andrea Varela

Que pouco costa facer feliz a unha persoa



Neste video demostrase o pouco que costa facer feliz a xente e o solidario que se pode ser.