jueves, 23 de octubre de 2014

A FAME MATA MAIS XENTE QUE O ÉBOLA

O 17 de outubro celebrouse o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza co obxectivo de seguir concienciando ao mundo da grave crise humanitaria que suscita a desnutrición. No mundo hai actualmente 805 millóns de persoas que pasan fame. De todas elas cada día morren ao redor de 10.000 persoas por desnutrición no mundo. Durante o mesmo periodo no que o ébola matou a 4.000 persoas, a fame e a falta de recursos matou a preto de tres millóns de persoas. Un dos problemas co que se están atopando a xente que loita contra as desigualdades en África é que o ébola copa actualmente todo o foco de atención desviándoo da fame.

Pero o maior problema é que a psicosis que se vive en África co ébola está provocando que morra máis xente de fame. As fronteiras pechadas fixeron que non haxa comercio, miles de persoas perderon os seus postos de traballo, os prezos dos alimentos son cada vez máis altos, colexios pechados, falta de médicos e persoal sanitario. Esta é a realidade que viven cada día millóns de persoas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario