Todos sabemos que no mundo hai moitas desigualdades, políticas, sociais, económicas e raciais, xa que non estamos mentalizados de que todos somos iguais, é decir, que pola nosa cor de pel ou país no que vivimos, non debemos de ser discriminados, aínda que no mundo actual no que vivimos isto sucede. Por iso mesmo deberíamos mentalizarnos todos, que se en lugares do mundo hai pobreza, morre xente por necesidade de atención médica ou simplemente porque non teñen a hixiene mínima necesaria, ou non teñen opción a alimentos todos os días, é porque o mundo está mal repartido e nós non poñémos nada da nosa parte para que iso cambie. Por este motivo invitámosvos a que reflexionedes un pouco sobre éstas inxustizas que hai no mundo, e que pensedes a ver se realmente podemos ou non podemos axudar a que isto cambie, e que participedes en todas as actividades solidarias que poidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario