O 28 de novembro, é un día sinalado do que a maior parte da poboación non sabe. É o día que se lle adica aos dereitos dos nenos, que estou segura que unha gran porcentaxe de persoas non os coñecen, e igual non saben nin da súa existencia, é verdade que por sorte no noso país se cumpren, ao igual que nos demáis países do primeiro mundo, por ese motivo a case ninguén lle preocupan, pero a realidade é outra, hai millóns e millóns de nenos que non poden gozar destes dereitos.
É xusto que nenos de 10 anos estean a traballar para que nos, a xente do primeiro mundo poidamos gozar dalgúns luxos dos que dispoñemos, como comprar roupa de marca, ou mesmo cambiar de teléfono móbil cada vez que se nos antolle? Que futuro lles espera a uns nenos que non poden ir a escola por que teñen que axudar a traballar para poder comer? É xusto que moitos nenos non teñan nin unha vivenda en boas condicións na que vivir? É xusto que haxa nenos que non gocen dunha familia que lles dea cariño? E que decir de que morran nenos con enfermidades por non poder dispoñer dunha atención médica?
Invitovos a reflexionar un pouco sobre este tema, que aínda que non no lo poída parecer é algo moi importante. Se no lo propoñemos, todos unidos podemos traballar e loitar para erradicar total ou parcialmente esta situación na que se encontran algúns nenos.
Pensemos, a nos gustaríanos que lle pasasen esas cousas aos nosos irmáns, primos, amigos, sobriños, fillos, netos... ou inclusive a nos mesmos? Por eso mesmo non podemos permitir que se cometna esas inxustizas. Todos xuntos podemos!
EREA FERNÁNDEZ LENCE (4ºESO)
No hay comentarios:
Publicar un comentario