Neste vídeo móstrase como unha rapaza de raza branca non lle presta diñeiro a un xoven soamente por ser de raza negra, despois chega un rapaz da mesma cor de pel que ela e para el si que ten diñeiro.
Como dicía Margaret Atwood, escritora
canadiense,"Espero que as persoas finalmente se den conta de que só hai unha
raza - a raza humana- e que todos somos membros dela"
Esta frase de Margaret Atwood
reflicte moi ben o contido do video.
En pleno século XXI, cando xa
non debería de haber racismo, seguimos
menospreciando ás persoas que son de diferente raza, relixión, cultura… que
nós.
A declaración dos dereitos humanos
di:" Toda persoa
ten os mesmos dereitos e liberdades proclamados nesta declaración, sen
distinción de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de
calquera outra índole, orixen nacional ou social, posición económica, nacemento
ou calquera outra condición”.
LAURA VILA PICALLO
LAURA VILA PICALLO
No hay comentarios:
Publicar un comentario