Despois do que lin no blogue "Enreliando", o que máis me sorprende é pensar que,
coma ben nomea o texto, isto ocorre ao lado da casa. Todos estamos moi
acostumados a saír á rúa e ver un home pedindo, ao dia seguinte, ver una muller
cun bebé no supermercado, outro home no aparcadoiro … e así, día tras día,
vemos persoas que viven no chamado “Cuarto Mundo” e non nos inmutamos.
O que eu propoño é: Cada vez que vexas a un home, a unha
muller, a un neno ou nena que non teñan recursos, ponte no seu lugar, pensa, se
ti; estando nesta precaria situación, considerarías que estás recibindo un bo
trato; que estás tendo unha aceptación na sociedade e nos lugares públicos.
Que, despois de escoitar toda a túa vida falar dos chamados “Dereito humanos” están
sendo aplicados sobre ti.
Tamén teño dúbidas. Penso en se estes nenos que xa nacen nun cuarto mundo, teñen as mesmas oportunidades que outros. Dubido moito que un neno pobre poida ter a mesma formación que un que non o é. Dubido moito que un neno pobre chegue ao mesmo posto de traballo que un que non o é. Dubido moito se un neno pobre terá un futuro digno.
O cuarto mundo é un
círculo vicioso, estas persoas están tan esquecidas, apartadas cara un lado,
sen ningún tipo de axudas, que non poden saír. É moi fácil dicir: “Pois que
atopen un traballo”, Pero, sexamos realistas, esta minoría está tan
discriminada que non poderían conseguilo, por moito que eles quixeran.
Por outra banda, estas
as persoas que naceron no “Primeiro Mundo” e, acabaron caendo no nomeado
anteriormente. Considero que pode ser por diversos factores: a crise económica,
a mala formación escolar (a causa da escaseza de recursos), tomar mal rumbo na
vida …
A esta xente tamén
se lla discrimina, todo o mundo escoitou algo parecido a: “Mira como acabou”,
“Ese xa non ten futuro”, “Se houbera estudado”… E por este tipo de actitude, a
xente acaba desta maneira, porque, aínda que el faga todo o posible por volver
a integrarse na sociedade, a sociedade considérao un residuo, algo que sobra,
que non fai falla.
Ao mellor, esa persoa tomou unha mala decisión na súa
vida; ao mellor, esa persoa realizou unha mala acción ou; ao mellor, outras
persoas fixéreno caer na pobreza. Pero nisto nunca se pensa, só se pensa no
resultado, pero non no camiño; non se pensa que todos os que hoxe critican mañá
poden ser os criticados e, entón, daranse contas do inxustos que foron.
Se no mundo, se
mirara un pouco máis polo débil, en vez de pretender abrir fendas abismais
entre as clases sociais, xa non existiría un “Cuarto Mundo” e, na miña opinión,
coma sigamos asía acabará habendo un "Quinto Mundo".
Ninguén debería
vivir nun cuarto mundo, nin nun primeiro, nin nun segundo. A xente debería
vivir nun Mundo global.
No hay comentarios:
Publicar un comentario