jueves, 18 de febrero de 2016

18 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DO ASPERGER.



O Mundo está cheo de persoas, todas diferentes. Algunhas de estas persoas teñen algo chamado Síndrome de Asperger.

O Asperger é un transtorno que fai que as persóas que padécenno compórtense dunha forma "diferente". Por exemplo, prefiren xogar sóas, moléstanlles os ruídos fortes... Pero iso non significa que non sexan intelixentes ou non teñan corazón.
Os Aspergers tamén teñen sentimentos, a cada un dáselle mellor unha cousa e teñen diferentes "manías" igual que tod@s.

De feito, moitas persoas famosas teñen Asperger e chegaron a triunfar na vida. 
Por exemplo: Albert Einstein, Bill Gates, Steven Spielberg, Tim Burton, Sheldon Cooper.

En conclusión, tod@s somos diferentes e especiais. Se ves a un neno ou nena no recreo sen amigos e triste, ácercate a él, xa que pode sentirse incomprendid@ e ter Asperger.

No hay comentarios:

Publicar un comentario