lunes, 29 de febrero de 2016

Fisioterápia contra a parálise cerebral

Escollín este tema porque me parece moi importante o feito de que todas as persoas poidan facer as mesmas cousas, independentemente de que teñan outras capacidades, que non son discapacidades, simplemente son diferentes formas de poder facer unha determinada actividade.


       Por sorte, existe un novo método que produce grandes beneficios contra as patoloxías neuronais (parálises cerebrais) chamado "therasuit". Este tratamento é moi intensivo, xa que dura ata tres horas, os cinco días da semana e durante unhas catro semanas.  


        O que se fai neste método é minimizar o máis posible os síntomas da patoloxía de cada paciente, que sexan o máis autónomos posibles e que poidan realizar as súas actividades da súa vida diaria o mellor posible. Podedes ver un vídeo que o explica mellor premendo aquí, no cal poderemos ver un neno que moitos coñeceredes, xa que está no noso colexio, en primaria, que se chama Marcos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario