lunes, 29 de febrero de 2016

29 de Febreiro:Día Internacional das Enfermidades Raras.


Este día tan importante para moitos celébrase para crear conciencia sobre as diferentes enfermidades existentes e para mellorar o acceso ao tratamento e á representación médica por parte nosa en beneficio ás persoas,que desgrazadamente,as padecen.
Estableceuse en 2008,tal día coma hoxe,que tamén é un tanto estraño. O seu obxectivo foi apoiar,por exemplo, ás familias e aos pacientes con enfermidades. No ano 2013,a celebración contou con máis de 70 países, e pasou a considerarse unha celebración mundial.
O eslogan deste ano foi "A voz dos pacientes", a cal recoñece o papel decisivo que xogan os enfermos á hora de expresar as súas necesidades. Este tema quere apelar a un público máis amplo a engadirse ao colectivo das enfermidades raras dándolle a importancia que merecen. Xa sabes,apúntate!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario