martes, 8 de marzo de 2016

A FAME NO MUNDO



No mundo hai 805 millóns de persoas que pasan fame. Son 37 millóns menos que o ano pasado pero moi afastada da meta da fame cero que se marcou nos obxectivos de desarrollo do milenio. O índice global da fame puxo en manifesto que, aínda que dende 1990 o número de persoas famentas reduciuse nun 39%, o nivel continúa sendo serio.  Os niveis máis altos da fame dánse no continente Africano e no sur de Asia, que tamén rexistráronse as melloras absolutas máis fortes dende 2005. Pola contra, os niveles de fame son extremadamente alarmantes ou fortes en 16 países, a maioría deles subsaharianos, Burundi e Eritrea son os primeiros.  Polos datos da ONU, 63 países en todo o mundo lograron a meta da fame cero nos seus territorios respectivos. O 16 de outubro celébrase o “Día Mundial da Alimentación” e o Programa Mundial de Alimentos da ONU resaltou os beneficios que convalecería acabar coa fame en todo o mundo.
                                                                             Por Mirian Cartelle

No hay comentarios:

Publicar un comentario