O pasado día 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller Traballadora o, simplemente, Día Internacional da Muller. O primeiro día nacional da muller foi celebrado en Nova York en 1909 polas Mulleres Socialistas para conmemorar a manifestación de 1908 na que 15000 mulleres esixiron a redución da xornada laboral, o aumento dos salarios e o dereito a voto. En 1910, na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas en Copenhague, proclamouse o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora e ao ano seguinte celebrouse por primeira vez en Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza. Co paso do tempo, foise proclamando oficial noutros países: en Rusia no ano 1917, en China en 1922, en España en 1936. No ano 1975 a ONU proclamou ese mesmo ano como Ano Internacional da Muller e ademais instouse aos demais países a que un día ao ano sexa o Día Internacional da Muller. No ano 1994 Estados Unidos engadiu este día nos seus calendarios. No ano 2011 celebrouse o Centenario deste día tan importante e comezou a funcionar a Entidade da ONU para a Igualdade de Xénero e o Empoderamiento da Muller tamén coñecido como ONU Mulleres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario