O “día internacional da muller traballadora” ou tamén
chamado “día internacional da muller”, conmemora a loita da muller pola
participación, en pé á igualdade co home na sociedade e no seu desenvolvemento
íntegro como persoa.
A orixe deste día foi polos feitos que ocorreron no día 8 de
marzo no ano 1908, onde morreron 146 mulleres calcinadas cando traballaban
nunha fábrica téxtil de Nova York, nun incendio provocado polas bombas
incendiarias; Celébrase o día 8 de marzo conmemorando o ocorrido nese día,
nalgúns países é festivo.
Hoxe en día as mulleres, en pleno século XXI, sendo máis do
50% da poboación a nivel mundial, continuamos sendo cidadás de segunda.
Continuamos sen ter acceso aos espazos de poder e aos espazos de toma de decisións.
Por Mirian e Fátima
No hay comentarios:
Publicar un comentario